Baile de nadal, este ano inspirado nos anos 70.
O día 10 de decembro a asociación Os Amigos celebra o baile de nadal, este ano rememorando os anos 70.
A noite comezará cunha cena nun restaurante da zona para, a continuación, ir ó Casino a escoitar eses temas que tantas lembranzas nos traen.
Sacade do armario aquelas camisas, aqueles pantalóns e saias co que vos sentíades os reis ou raíñas da pista e pasade unha noite memorable.
Admítense suxerencias sobre cancións que non poden faltar, ben deixándoas anotadas no propio Casino ou por email a bertosobrino@vodafone.es
No hay comentarios:
Publicar un comentario