![]() |
Un momento do desfile deste ano. |
Dende o ano 2000 a Asociación Pedra Furada organiza
as Festas do Monte. O pasado 1 de decembro, en escrito dirixido a esta
Alcaldía, dita asociación comunica que na Asemblea Xeral Ordinaria
celebrada o pasado 14 de outubro aprobou por unanimidade deixar de
organizar as Festas do Monte a tódolos efectos. A día de hoxe non hai
comisión que se encargue da organización das Festas do vindeiro ano.
Non
é necesario, por evidente, argumentar a importancia que as Festas do
Monte teñen para A Guarda. Que no ano 2013 se celebre o centenario das
mesmas ten que ser un aliciente máis para que entre a cidadanía e
colectivos guardeses xurda unha comisión que se encargue da súa
organización.
Por este motivo vaise
celebrar unha asemblea no Centro Cultural o vindeiro mércores 21 de
decembro, ás 20,30 horas, á que se convida a tódolos colectivos e
cidadanía en xeral, e de xeito particular a aquelas asociacións que,
dunha maneira máis directa, teñen vinculación coas festas.
A Guarda, 16 de decembro de 2011.
O Alcalde,
José Manuel Domínguez.
No hay comentarios:
Publicar un comentario