![]() |
Armando Verde fai entrega do diñeiro recadado ó representante de Cruz Roja, que o fará chegar ó Corno de África. Foto: www.aguarda.es |
Onte, día 9 de Novembro de 2011, presentáronse os resultados da inicitaiva promovida por Armando Verde, na que, durante o mes pasado, un grupo de corredores realizaron unha marcha solidaria entre A Guarda, Lalín e Verín co fin de concienciar sobre a delicada situación no Corno de África e recadar fondos para a causa.
Na rolda de prensa, o seu artífice e promotor deu
mostras de satisfacción sobre o proxecto realizado, tanto polo diñeiro
recadado: 370,82€ (sobre os 295 km. de percorrido), como por alcanzar os
obxectivos de concienciación polas poboacións polas que pasaron.
Neste sentido Armando quixo subliñar a calurosa acollida de Tui, onde foron recibidos por 300 escolares na praza da Catedral que realizaran murais implicando a pais, familiares e profesores a unirse ao sentimento de solidariedade que se pretendía crear. No resto de localidades foron recibidos polas autoridades locais que empatizaron coa causa solidaria facendo achegas económicas ou prestando apoio loxístico para poder seguir adiante. Do mesmo xeito que numerosas persoas que se interesaron pola iniciativa solidaria.
Armando Verde explicou como a campaña de concienciación viuse reforzada co reparto de 1500 boletíns informativos sobre a situación actual nos países do Corno de Africa. Diariamente difundiuse información, tanto nas redes sociais e internet, chegando gran número de persoas e facendo un chamamento para doazóns en calquera das vinte e unha ONGs que operan no corno de Africa; como nos medios de comunicación de prensa, radio e televisión na que se concederon entrevistas e denunciouse a neglixencia dos actuais gobernos ante un problema tan grave. O feito de participar no media maratón Cidade de Pontevedra, coincidindo coa saída da 6ª etapa (Pontevedra-Caldas), foi sen dúbida outro fito importante para esta campaña de concienciación.
Finalmente Armando quixo agradecer a implicación de participantes, colaboradores, medios, patrocinadores e concellos que apoiaron esta iniciativa, que xa pensa na súa próxima fase.
![]() |
Imaxe da rolda de prensa cos representantes de Cruz Roja (nos extremos) e os Concelleiros de Servicios Sociais e Deportes do Concello da Guarda. Foto: www.aguarda.es |
No hay comentarios:
Publicar un comentario