Nova vitoria miñota ante uns adversarios que se adiantaron no primeiro minuto de xogo. Ata o minuto 44, cando empatou o partido cun gol de Adrián, o Miño non estivo acertado, perdendo continuamente o balón.
Xa na segunda parte, o equipo local meteu o segundo gol, cunha falta perfectamente sacada por Pitu e rematada por Marcos, de cabeza. O Vilariño, ó ir perdendo, intentou botarse arriba. Sobre o minuto 30 e noutra falta sacada dende lonxe, o capitán do Vilariño meteu o balón en propia porta, deixando un 3-1. Polo minuto 35, un penalti, por unha suposta man de Marcos, a favor do Vilariño, deixou o marcador 3-2. Nos últimos minutos do encontro, o Miño tivo unha clara ocasión, a cal desaproveitou.
Durante o descanso, diputouse o Tiro Café Bar Baccus - MinhoBirras. Este consiste en mercar unhas rifas e, así, poder entrar nun sorteo onde, unha vez sacadas tres papeletas, pódese gañar un litro de licor café metendo un gol dende o medio do campo.
Á esqeurda, dous representantes dos MinhoBirras, e á dereita, as tres persoas do público. |
PB/MinhoBirras
No hay comentarios:
Publicar un comentario