ANABAM denuncia:
 |
Foto 1 |
FOTO 1: A primeira vez que observamos esta avespa foi no ano 2005, nuns carballos centenarios existentes en Tebra, onde convivían cunha poboación de vacalouras. Nese ano, alguén lle prendeu lume onde estaban estes insectos acabando con eles e tamén coas vacalouras e, mesmo, a piques estivo de danar ao propio carballo. Dende aquela, tódalas visitas que efectuamos a eses carballos, un mínimo dunha por ano, deu coma resultado a práctica inexistencia de vacalouras, onde chegamos a contar varias ducias antes da agresión, e, por suposto, a desaparición dos avespóns.
 |
Foto 2 |
FOTO 2: Localización do segundo dos avispeiros rexistrados por ANABAM. Neste ano 2011, no pasado mes de agosto, o socio Ricardo da Silva observaba un panal destes avespóns no oco dunha das sobreiras existentes na Armida de Santa magdalena, nas Eiras, O Rosal. Días despois, o mesmo que sucedera en Tebra pasou aquí, alguén prendeulle lume e acabou co avispeiro.
 |
Foto 3 |
FOTO 3: O terceiro dos avispeiros estaba situado no oco dunha das árbores que hai a carón da Aula da Natureza "Muíño das Aceñas", unPseudoplátanus. Foi visto cos avespóns na última semana deste mes de agosto pasado, pero o venres decatámonos que, para non variar, novamente o lume foi a causa da destrucción e morte dos avespóns.
Así que, estes insectos téñeno moi difícil no caso de ser descubertos polos humanos. O destino final é a total destrucción e eliminación dos mesmos, converténdonos nunha especie agresora e peor que os propios avespóns.
Fotografía dunha das avespas, obtida polo noso fotógrafo, Luis Dorado nos carballos de Tebra, no ano 2005. Estes avespóns teñen un tamaño duns tres centímetros, son impresionantes e é unha marabilla velos traballar. Evidentemente que poden ser perigosos se os incordiamos, pero nós estivemos a carón deles gozando da súa observación.
Panal de Vespa crabro nunha das sobreiras da Ermida Santa Magdalena, nas Eiras, O Rosal. Fotografía obtida polo membro de ANABAM Ricardo da Silva.
No hay comentarios:
Publicar un comentario