16 sept 2011
Valoración dos visitantes ó monte Santa Trega neste verán.
En setembro é o momento de facer a valoración dos visitantes que se achegaron ata o Monte Santa Trega nos meses de maior afluencia, xullo e agosto.
O Monte Santa Trega recibe diariamente miles de persoas e cada ano aumento o número de visitantes que empregan a oficina de turismo da cima para consultar polos puntos de interese do Monte e tamén do concello. O incremento foi 24 % con respecto o 2010, é dicir, máis de 4.000 persoas achegáronse ata o punto de información turística do Monte Santa Trega. A pesar do aumento de consultas tan só representa o 5 % das 85.000 persoas contabilizadas na caseta de cobro
En relación as visitas guiadas ó Monte Santa Trega é preciso destacar o aumento de persoas que empregaron o servizo regular de visitas guiadas. O horario establecido para as visitas regulares foi ás 12.00 e ás 19.00 horas de martes a sábado e o domingo ás 12.00 horas. Estas visitas gratuítas permitiron que preto de 2.300 persoas coñeceran mellor o monte grazas as explicacións da guía. Isto supón un incremento do 15 % con respecto o verán pasado.
O punto de encontro das visitas regulares é diante do MASAT (Museo Arqueolóxico de Santa Trega), alí formase o grupo da xente interesada e faise unha pequena introdución espacio-xeográfica, ademais de facer fincapé que o poboado non é celta senón galaico-romano. A continuación visitase o MASAT , a ermida e o seu entorno. De camiño o castro, faise referencia a Sociedade Pro-Monte, o vía cruces, o Pico Facho, as Festas do Monte e a casa forestal. Antes de rematar a visita explicando o urbanismo do castro, coñécense os petróglifos da Pedra Sagrada.
As visitas regulares rematan o 30 de setembro aínda que nestas dúas últimas semanas adiantase a visita da tarde ás 18.30 horas. Seguirán atendéndose os grupos concertados sempre que reserven hora previamente chamando ó tel. 690.017.038 (MASAT) ou ben mandando un email a masata@aguarda.es.
Etiquetas:
A Guarda
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario