14 sept 2011

Rescate no dique do porto da Guarda.

Onte martes, un mozo foi rescatado polo helicóptero Pesca I ao ser arrastrado por unha onda desde un dique do porto da Guarda. Os socorristas da praia do Muiño non puideron acudir a socorrelo debido a que había ondas de ata tres metros e a zodiac da que dispoñen non é apta para estas condicións.
Finalmente, o helicóptero acudiu á zona e rescatou á persoa, tras o que a trasladou ao aeroporto de Peinador. Alí esperaba unha ambulancia, que atendeu ao mozo, quen presentaba síntomas de hipotermia.

No hay comentarios: