Fontes da dirección de Tragsa confirmáronlle esta
mañá ó Alcalde de A Guarda que o Ministerio de Medio Ambiente, e Medio
Rural e Marino encomendoulle a esta empresa a execución dos traballos de
dragado da canle do ferri entre A Guarda e Caminha. As mesmas fontes
anunciaron tamén que durante este fin de semana Tragsa procederá a
publicar os anuncios correspondentes de cara a subcontratar unha empresa
de dragas que se encargue do dragado da canle.
Para
ter todo preparado, tamén en terra se van acometer, durante a semana
que ven, traballos de preparación do espazo, propiedade de Costas, onde
se vai producir o primeiro acopio das areas provintes do dragado.
Hoxe
mesmo tamén tivemos coñecemento no Concello da carta do Director
General na que di que a súa Dirección General pode realizar a actuación
que permita o mantemento do ferri en calquera momento, nas vindeiras
semanas. Só o supedita a que a Xunta de Galicia, órgano xestor do espazo
LIC, autorice o dragado. Estamos convencidos, dada a urxencia, que a
autorización da Xunta de Galicia vaise producir en poucos días.
De
todos estes extremos informamos á Caminha, tal e como era o compromiso
adquirido polo Alcalde de A Guarda coa Presidenta da Cámara.
A Guarda, 21 de setembro de 2011
O Alcalde,
José Manuel Domínguez.
No hay comentarios:
Publicar un comentario