13 sept 2011

Comunicado sobre o ferry.

Hoxe, luns, recibiuse da Dirección General de Sostenibilidad de la Costa y del Mar comunicación escrita. Nela anunciase que dita Dirección General está disposta a acometer actuacións de dragado na canle do ferri que permitan o manteñemento deste a curto prazo. Precisa, iso si,contar coa autorización dos órganos xestores do Lugar de Interese Comunitario (LIC), Xunta de Galicia por parte española e órgano correspondente portugués. Dende o concello guardés agardamos a máxima dilixencia por parte de todos para que o dragado escomence canto antes.

Esta mesma tarde comunicámoslle de xeito oficial á Presidenta da Cámara de Caminha esta nova e pedímoslle, en base ó acordado na última xuntanza que tivemos con ela, que deixe sen efecto a súa decisión de pechar o servizo o vindeiro día 15.

Quero darlle as grazas a todas as institucións, colectivos e particulares que, co seu apoio e espíritu constructivo, axudaron a conseguir o que hoxe anunciamos. De xeito especial á cidadanía guardesa que, coma sempre, estivo alentando as xestións do goberno municipal. En adiante tódolos apoios serán importantes para asegurar o ferri a longo prazo.

Quero destacar o especial papel xogado polo Servizo Provincial de Costas e polos deputados Elena Espinosa e Luis Gómez Piña, así como polo Delegado do Goberno en Galicia Miguel Cortizo.

A Guarda, 12 de setembro do 2011
José Manuel Domínguez
Alcalde de A Guarda

No hay comentarios: