7 sept 2011

A Araña Avespa.


É, posiblemente, dentro das arañas que teñen un tamaño apreciable, a máis fermosa que podemos ver no Baixo Miño.

Destaca a súa cor, formada por bandas amarelas enmarcada de negro e separadas por outra banda abrancazada.

A finais de agosto podemos vela facilmente a moi pouca altura do chan, onde costrúe as súas teas, caracterizadas por unha estructura, na parte inferior, en forma de zigue-zague. A postura que adoita esta araña é coas patas extendidas e cabeza cara abaixo.

En realidade a cor descrita corresponde á femia. O macho é de pequeno tamaño e non destaca en absoluto. A partir de finais de agosto as arañas comezan a levar a cabo a posta dos ovos.

No hay comentarios: