19 sept 2011

1ª andaina de outono.


O pasado sábado tivo lugar a primeira das andainas de outono organizadas polo concello da Guarda. Os partipantes puideron descubrir fermosos paraxes de montaña na localidade portuguesa de Sistelo, coñecer as brandas, os canizos, os traballos do campo e charlar cos veciños da localidade. No río Vez, no entorno dunha bonita ponte, fíxose unha breve parada para repoñer forzas antes de emprender o regreso cara A Guarda.

No hay comentarios: