![]() |
Foto: www.aguarda.es - Praia do Muíño, Camposancos. |
O alcalde da
Guarda, José Manuel Domínguez Freitas, e a concelleira de Turismo,
Montserrat Magallanes Álvarez, izaron o pasado mércores 29 de xuño o
distintivo Bandeira Azul nas praias de Area Grande e O Muíño.
Dende
mediados de xuño os servizos das praias foron postos en marcha, como o
servizo de socorrismo dos areais distinguidos. As praias xa contan cos
servizos esixidos por Bandeira Azul como os paneis informativos, o
servizo de limpeza e de recollida de residuos, as duchas e os aseos.
Así
mesmo estase a traballar na mellora dos accesos e na ubicación das
pasarenas en ámbolos dous areais. Durante a tempada de verán as praias
de Area Grande e O Muíño ofertarán actividades medio ambientais para
nenos e se porán en marcha campañas de concienciación.
Trala
concesión da Bandeira Azul de Area Grande (anos 2009, 2010 e 2010) e de
O Muíño (anos 2010 e 2011) o concello continúa a traballar na mellora
dos servizos esixidos polo distintivo e deste xeito ofrecer ós veciños e
visitante unhas praias e servizos de calidade.
![]() |
Foto: www.aguarda.es - Praia da Area Grande, A Guarda. |
![]() |
Foto: www.aguarda.es - Praia do Muíño, Camposancos. |
No hay comentarios:
Publicar un comentario