2 jul 2011

XXI Festa da Langosta.


VER PROGRAMACION.
O fin de semana do 2 e 3 de xullo, A Guarda convertese no escenario gastronómico onde a raíña é a langosta.
Na explanada do porto e baixo unha carpa de 1.000 metros cadrados os visitantes poderán degustar da langosta cocida, á prancha ou en salpicón cuns acompañantes de luxo como é o viño albariño do Rosal e o roscón de xema.
Non hai que esquecerse que dende o ano 2007 a Festa da Langosta converteuse na Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira adquirindo unha nova dimensión ó ofrecer diferentes pratos mariñeiros. Deste xeito buscase que tódolos visitantes coñezan os excelentes produtos do mar e como non o bo facer dos restauradores guardeses. Nesta edición haberá 6 restaurantes que ofrecerán máis de 25 pratos mariñeiros onde os froitos do mar son os protagonistas.
O alcalde da Guarda, D. José Manuel Domínguez Freitas, destaca o esforzo realizado polo concello e establecementos colaboradores para ofrecer unha festa gastronómica baixo os mesmos estándares de calidade de pasadas edicións. Exemplo disto é o prezo da langosta que continúa a ser o mesmo dende varias edicións. Nesta edición incluíronse unhas novidades, entre elas, como é o sorteo de viaxes nun catamarán polo río Miño, o impulso a Feira de Artesanía ou a aposta pola música tradicional galega que tamén será protagonista. 
Para os máis pequenos haberá xogos xigantes e hinchables e para todo o público destacar o espectáculo de acrobacias realizadas por una parella pendurada dun mástil na noitiña do sábado fronte a carpa da festa.
O pregón da XXI FESTA DA LANGOSTA E DA COCIÑA MARIÑEIRA terá lugar na Praza do Reló o venres 1 de xullo ás 21 horas. O dúo “OS CAMPELOS” foron os pregoeiros escollidos desta edición. 




A cita gastronómica terá lugar os días 2 e 3 de xullo no porto da Guarda. A langosta continúa a ser a protagonista indiscutible aínda que a afamada calidade da gastronomía guardesa fixo ampliar a oferta de pratos mariñeiros dende varias edicións. Grazas ó aumento da oferta gastronómica, con novos produtos do mar e típicas sobremesas, conséguese achegar a festa a tódolos gustos do público e revalorizar desta maneira a Festa.
A festa celébrase na explanada do Porto baixo unha carpa de 1.000 metros cadrados. Desde hai varias edicións os comensais poden degustar a langosta e demais produtos comodamente en mesas e cadeiras. Os restaurantes e demais expositores ocupan stands diferenciados na carpa.
Nesta edición participa un restaurante máis polo que se poderá degustar dunha maior variedade de pratos mariñeiros. Finalmente, seis restaurantes ofrecerán a langosta cocida, á prancha ou en salpicón, que amosan como a langosta continua sendo a protagonista entre máis de 25 produtos e pratos mariñeiros. Dende a primeira edición a sobremesa estrela que acompaña a langosta é o roscón de xema, sobremesa típica guardesa creada en 1953 por un pasteleiro guardés. Outros produtos son as filloas, os bastóns do peregrino, etc.
Ademais de aumentala oferta gastronómica, cada edición mudan as actividades para o entretemento e ocio dos visitantes. Esta ano destaca a música tradicional galega que acompañará ós participantes. Polas mañás un grupo de gaitas recorrerá as principais rúas da vila e do porto. Pola noite as actuacións musicais serán as protagonistas, o sábado co grupo de música folk feminino “HABELAS HAINAS” e o domingo co grupo de música tradicional furtiva “TANTO NOS TEN”.
A festa contará novamente ca Feira de Artesanía na rúa do Porto e  os nenos contarán con novas actividades como xogos xigantes e hinchables. Ademais no entorno do porto instalarase unha feira de oportunidades.
A novidade deste ano é a oferta de paseos fluviais nun catamarán que percorrerá as augas do Miño. Os asistentes á festa gastronómica participarán no sorteo das viaxes. Esta iniciativa xorde cando A Guarda recibiu da Comisión Europea o Premio EDEN 2010, que recoñece A Guarda como Destino de Excelencia Turística, e que premia os paisaxes naturais da desembocadura e as iniciativas en materia medio ambiental e de sostenibilidade. Para amosar os valores naturais premiados o concello procura dar a coñecer as paisaxes a través dun atractivo paseo nun catamarán polo río Miño.

No hay comentarios: