Mañá mércores a TVG emite o programa Alalá, sobre ás 22:20h, o que será adicado a Tino Baz.
Sinopse do programa:
Os protagonistas do programa Alalá son persoas, grupos ou
asociacións que se dedican á música tradicional ou folk galegas. Alalá
mestura interpretacións musicais con fragmentos documentais sobre a
vida cotiá dos protagonistas, o seu xeito de pensar, sentir e percibir a
música tradicional e o mundo.
A música tradicional galega naceu nun contexto rural. A aldea foi a gran
transmisora da cultura e do saber musical galego. En Alalá non son os
gaiteiros ou as pandereteiras quen se traslada ao estudio de gravación
senón que é a cámara a que vai á aldea, para retratar coa maior
fidelidade e profundidade ese contexto onde se produce ou producía a
música tradicional.
A presenza da cámara na aldea procura non ser intimidatoria senón amiga e
confidente, retratando o mundo rural galego e en moitos casos o mundo
das persoas maiores, non só con respecto senón cun profundo agarimo.
Considerando os maiores mestres dunha forma de vida que pouco a pouco
vai esmorecendo polo abandono da aldea, polo avellentamento da
poboación, a globalización e as novas formas de vida da sociedade
galega.
No hay comentarios:
Publicar un comentario