9 jun 2011

Malpolon monspessulanus (Cobregón).

Foto: ANABAM 

O cobregón é unha especie agresiva se se sente acorralada, bufando, siseando e erguéndose antes de atacar, como pre aviso de que está en actitude de defensa e ataque. Se non está acorralada, huirá tan pronto coma poda.
Os individuos adultos presentan unha cor castaña escura con manchas negras ao longo do corpo. Nas proximidades da cabeza, a cor ten unha tonalidade castaña-verduxenta.
Esta especie é un dos vertebrados que se ven frecuentemente nas estradas, víctimas de atropelos, en moitos casos intencionados pola mala reputación que teñen as cobras en particular e os réptiles en xeral.
A pesar de ter dentes venenosos, estes se sitúan moi atrás, no maxilar superior, razón pola que, cando traba, non chegan a afectar ao ser humano, aínda que a súa trabadura pode ser bastante dolorosa, pero non perigosa.
O exemplar fotografado corresponde a un individuo atropelado na estrada de Loureza-Burgueira, o martes 24 de maio de 2011.

No hay comentarios: