A
Dirección e o Equipo de Normalización da Lingua Galega do IES A
Sangriña convídanvos a asistir á homenaxe a Xela Arias e entrega
de premios aos mozos e mozas gañadores da V Edición do Certame, que
terá lugar o luns, día 13 de xuño a partir das catro da tarde no
salón de actos do instituto.
Neste
acto literario, alumnado do grupo de teatro do instituto ofrecerá
un recital de poemas de Xela Arias.
Contaremos
ademais coa presenza profesora e escritora Marga
do Val,
premio da crítica 2010 polo libro de poemas A
cidade sen roupa ao sol e
premio da AELG de tradución por Randea
do alento de
Herta Müller. Ela ofreceranos unha conferencia para aproximarnos á
obra de Xela Arias así como á importancia da literatura feminina
dos últimos anos en lingua galega.
Finalmente
entregaranse os premios do Quinto Certame de Poesía Xela Arias, que
lle corresponderon ás seguintes persoas.
- 1º premio da modalidade A: VICTORIA PÉREZ GASCÓN do IES Xesús Taboada Chivite, de Verín (Ourense).
- 2º premio da modalidade A: PAULA COLLAZO CASTIÑEIRA do Colexio Obradoiro, da Coruña.
- 1º premio da modalidade B: LAURA RAMOS CUBA do IES Perdouro de Burela (Lugo).
- 2º premio da modalidade B: ELISABETH REY GONZÁLEZ do IES Antón Fraguas de Santiago de Compostela.
- 3º premio da modalidade B: PABLO LOMBA RIEGO do IES A Sangriña da Guarda (Pontevedra).
- Mención especial para MIRIAM DOURADO CARABEL do IES Ponteceso de Ponteceso (A Coruña).
As
persoas asistentes, recibirán como agasallo o libro, publicado pola
Deputación de Pontevedra, cos poemas gañadores da terceira e cuarta
a edición.
Esperamos
contar coa túa presenza.
Un
cordial saúdo,
Pilar
Carro
Directora
do IES A Sangriña
No hay comentarios:
Publicar un comentario