Proxecto Larus - 2011.
Ao igual que o pasado ano, ANABAM pide a colaboración das persoas que dende as súas vivendas podan observar os niños das gaivotas, informándonos dos mesmos. Tódolos datos que nos poidan aportar serán sempre de grande interese. Estes datos poden ser: data de cando empezaron a facer o niño; en que edificios se sitúano; cantos ovos hai; cantos polos naceron; data de nacemento dos polos; etc.
As persoas que desexen colaborar poden entregar estes datos en ANABAM ou ben informándonos a través do correo electrónico anabam.anabam@terra.es ou telefonicamente: 986 627 255; 986 611 799 ou 616 180 557.
Entre os colaboradores do mes de xuño sortearase 5 dvd de Tino Baz. Resumo do vídeo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario