2 abr 2011

Vincios - G.D. Miño.


Vincios - Gimnástico Deportivo Miño.
Este domingo ás 17:00h no campo da Pasaxe (Gondomar).


Xornada 25:
G.D. Miño 3 - 1 San Salvador.

Gran vitoria do GD Miño na Sangriña, que deixa case que sen opcions de xogar a fase de ascenso ós de Budiño.
...Primeira parte moi sosa por ambas equipas, que trocou na segunda parte tras o rifi rafe do descanso, os dous equipos sairon con mais ganas, logrando adiantarse o Miño mediante un golazo de Toni dende fóra de área, pero a alegría durou pouco e consiguen os foráneos empatar.
O GDM levantase e consegue remontar con dous goles preciosos, un de Félix e outro de Brais.
A piques estivo Lomba de meter o cuarto xa morrendo o encontro.
Partido moi disputado, onde o 5 visitante xa saiu provocando, no descanso riña entre os equipos, e o publico visitante encarouse nunha lea verbal cos hinchas Minhobirras e co núm 5 o público botouselle encima durante o encontro, autoexpulsandose para encararse cos siareiros locais, pero estaba a policia local debaixo nosa, a sabendas de que ia ocurrar a autoexpulsion para vir onda nos. Quedou en nada.
Gran afición alentando o equipo, animando e dando folgos cara a vitorial final.
Rememorando tardes de gloria, e cantando: MIÑO MIÑO MIÑO MIÑO - TABOADA PIDE REFUERZOS, PIDE REFUEEERZOS.

SEMPRE MIÑO SEMPRE FIEIS
Fonte: MinhoBirras G.D. Miño

No hay comentarios: