10 mar 2011

Xunta Xeral e nova Xunta Directiva.


Aprobada pola Asamblea Xeral Ordinaria, os membros da xunta directiva son:

Presidente:
Arturo Martínez.
Vice-presidente: 
Serafin Abreu González.
Secretario: 
Antonio Ramirez.
Vice-secretario: 
José Luis Carrero.
Tesoreiro: 
Carlos Alberto Rodríguez.
Vocais: 
Mauro Alonso José Luis Teixeira.
Así foi a Xunta Xeral 2.011. (www.casinodecamposancos.com)
En segunda convocatoria, as catro da tarde, comenzou a Asamblea Xeral Ordinaria do presente ano.

O presidente comenzou dando as gracias os asistentes para, a continuación, adicar un minuto de silencio na honra dos falecidos.
A asistencia de socios, en verbas dalgun dos socios mais veteranos, foi das mais altas que se lembran, demostrando así os socios a súa implicación no futuro da sociedade.
Un dos temas que mais recalcou o presidente, foi a necesidade de incrementar o número de socios, sendo esta unha laboura que podemos asumir cada un dende o noso ámbito de socios, animando a ese amigos que as veces veñen os bailes da sociedade a que colabouren coa mesma.
O clima da reunión foi sempre cordial, non querendo dicir que non houbera debates interesantes sobor os distintos puntos tratados na orde do día.
Tal como se anunciaba na Xunta Xeral do ano 2010, Antonio Rodríguez, Elías Rodríguez e Eduardo Rodríguez deixan nesta xunta o seu papel dentro da directiva despois de moitos anos a traballar, dando paso a savia nova. Dende aqui queremos agradecerlles a súa laboura, que foi especialmente dura sobor de todo nos actos do centenario da sociedade.

Dende PB tamén queremos felicitar e agradecer a todas as persoas que están e estaban na Xunta Directiva, pois eles fan posible que se leven a cabo os distintos actos de ocio (castañadas, xogos pupulares, bailes..).

No hay comentarios: