9 feb 2011

Un Abetouro no Esteiro.

Foto: Antonio Jiménez

Foi un chapoteo, ¡Un flash!, pero alí estaba, no lugar e no momento axeitado o noso compañeiro Antonio Jiménez para depararnos a primeira cita de abetouro, para o Baixo Miño.
A primeira vista, a fotografía do lado pode parecer algo sen importancia. Simplemente ¡canas!, pero para os naturalistas e, particularmente os ornitólogos, e non digamos para os que a natureza do Baixo Miño é a razón da existencia dunha asociación, a mesma é a aportación dun dato marabilloso, dunha xoia que está ao alcance de moi poucos.
Observade ben no centro da imaxe. Aí está unha das aves máis esquivas e difíciles de ver. E aí estaba o noso compañeiro Antonio, un dos últimos fichaxes de ANABAM.
É a primeira cita desta especie obtida por ANABAM para o Baixo Miño. Que saibamos, tampouco coñecemos outros datos da presencia desta ave na comarca, así que, dende o 29 de xaneiro, xa temos unha nova especie para a comarca.

No hay comentarios: