9 ene 2011

Serán familiar no casino.

Foto: www.casinodecamposancos.com

Un ano mais celebramos o serán familiar que volveu a ter un éxito fantástico.

Comezouse para ir entrando en ambiente con xogos de mesa (parchís, oca, damas, cartas, etc.)  para continuar con un trivial por grupos.

Rematouse co tan esperado “karaoke” que, como sempre custa arrancar, pero unha vez se vai collendo confianza e as gorxas vanse quentando xa no hai quen nos pare e nos atrevemos ata coas cancións mais complicadas do repertorio.

Coa presa por comezar o karaoke esquecemos facer a entrega oficial de premios. Aqueles que gañaron provas e non lle dimos  o premio depois poden, sin vegoña de ningún tipo, pasar a recollelo.

Gañaron o parchís, Marta nunha partida e Fina do Juan na outra. Na oca gañaou Dunia e os números seu irmán. En damas Richar e Mauro quedaron en tablas. No 4×1 o gañador foi Brais.  O grupo F que lideraba Aberto foi o gañador por maioría aplastante no xogo do “trivial”

Do karaoke resaltar o valor, entraga e predisposición dos participantes. Notouse que faltaba entreno polo que haberá que mellorar nunha próxima edición.

Texo de: www.casinodecamposancos.com 

Fotos.

No hay comentarios: