5 ene 2011

Obras no asteleiro Joaquín Castro: legal ou ilegal?

Foto de ANABAM.
ANABAM denuncia as presuntas obras ilegais.


ANABAM:
O antigo asteleiro de Joaquín Castro, na marxe do Miño, está sufrindo un cambio total e drástico. Se está procedendo a unha remodelación do mesmo. Pero non sabemos realmente que é o que se está a facer alí; non coñecemos a envergadura do proxecto; non sabemos a que se vai dedicar; non sabemos se haberá productos tóxicos, perigosos, contaminantes...; descoñecemos se se producirán ruídos...

A obra, polo volume supoñemos que é unha obra maior, carece de cartel. Non sabemos quen é o propietario; quen leva a cabo as obras; quen é o resposnable do proxecto... Non sabemos nada.

Así que, diante deste panorama soamente nos queda pensar mal. Se este é o Premio Edén que concederon ao Concello da Guarda; se este é o Horizonte Natural, mal lle vai ir ao Esteiro do Miño de seguir polo camiño da ocultación de datos.

O 2 de decembro, acudimos ao Concello da Guarda, sección de urbanismo, para solicitar se nos deixe ver o proxecto do que se está a facer no antigo asteleiro e ao mesmo tempo se nos diga se a obra en cuestión ten Licencia. A resposta, por parte do funcionario alí presente, foi contundente: aquí non hai nada. Preguntamoslle a continuación: entón é ilegal?, a resposta volveu ser clara, aquí non hai nada
Mais información (pinchar).

Tamén está denunciado en: "urbanismo con lupa".

Comentarios:
Anónimo dijo...
Da igual que isto sexa legal ou non o importante e o traballo e riquezas que traera de volta o noso pobo?

1 comentario:

Anónimo dijo...

Da igual que isto sexa legal ou non o importante e o traballo e riquezas que traera de volta o noso pobo?