23 ene 2011

ANABAM necesítate.

Foto: Jürgen Rodeland
Habita esta bolboreta no Baixo Miño?
ANABAM precisa da túa colaboración  para tratar de sabelo.


Esta é unha das bolboretas máis raras de Galicia e mesmo da Península. Tamén resultan moi difíciles de observar debido, dobre todo, á súa cor, pouco chamativa, e ao seu tamaño, máis ben pequeneira. 

Esta bolboreta aliméntase fundamentalmente dun arbusto que temos no Baixo Miño: o Prunus spinosa, é dicir, o abruñeiro (endrino en castelán). 

Así que, para poder decatarse da súa existencia nada mellor que na época que andamos, e non porque podamos ver individuos voando, que non os imos ver porque estes aparecen nos meses de agosto e setembro senón porque é o momento de poder ver os ovos.

No hay comentarios: