17 dic 2010

Ruta ornitolóxica do Esteiro do Miño.



 RUTA  POLA MARXE GALEGA

 1.- Monte Santa Trega..........Magnífico mirador que nos permite contemplar o Esteiro do Miño en toda a súa grandeza.

 2.-Puntal............................... Puntal, na praia de Camposancos. Dende el veremos a zona rochosa lugar onde acostuman estar diferentes especies de aves.

 2.-Armona-Codesal...............Un dos lugares máis interesantes para ver diferentes aves acuáticas, sobre todo en marea media-baixa. Lameiro rico en vertebrados, alimento dos limícolas.

 4.-Estación Ornitolóxica........Situada no extremos sur dunha das zonas de maior querencia ornitolóxica.

 5.-Marisma de Salcidos. Observatorios Ornitolóxicos....Este é o lugar máis importante para as aves acuáticas. Conta con dous observatorios ornitolóxicos.
DIFICULTADE: Ningunha.

  LONXITUDE: 4,5 quilómetros (sen contar o Trega).

  DURACIÓN DO PERCORRIDO A PÉ (só ida):
                        
       -Sen apenas paradas.......  Unha  hora e media.
       -Observando aves............  De dúas horas e media a tres horas.


RUTA POLA MARXE PORTUGUESA

 6.- Peirao do Ferri...............................Dende aquí veremos o sapal do Coura, último afluente que recibe o Miño pola marxe portuguesa. Zona de aves.

 7.- Marxe do Coura. Xardíns.................Continúa a verse o sapal do Coura.

 8.-Marxinal de Caminha.....................Sobre todo en marea baixa veremos as aves acuáticas pousadas nos areais próximos.

 9.-Praia da Foz.....................................Zona de observación xeral.

10.-Praia de Moledo...............................Lugar de observación da Ínsua, illote fortificado que temos enfronte, na mesma barra do Miño. Pousadeiro e dormideiro de aves.
DIFICULTADE: Ningunha.

    LONXITUDE: 4,5 quilómetros

  DURACIÓN DO PERCORRIDO A PÉ (só ida):
                        
      -Sen apenas paradas....................  Unha hora e media.
      -Observando aves..........................  De dúas a tres horas.

MATERIAL NECESARIO: Imprescindible contar con prismáticos (Pode ser interesante levar unha guía de aves e, se hai posibilidade, telescopio). Unha cámara fotográfica ven xenial para termos algunhas imaxes da visita. Para sacarlle fotos ás aves necesitará dunha cámara cun bo zoon.

No hay comentarios: