1 dic 2010

Neste mes de decembro, eleccións.


Este mes de decembro a Comunidade de Montes de Camposancos terá eleccións para elixir, ou ratificar na súa continuación, nova Xunta Xestora, aínda que o actual presidente que leva como directivo 25 anos, coida que xa é tempo máis que dabondo como directivo e faise necesario un cambio.  
Na última asemblea xa se anunciou que hai varios membros da directiva, composta por oito persoas, que van cansos, que levan moitos anos representando os intereses dos comuneiros, e manifestaron a súa intención de non presentarse a reelección.
Álvaro Martínez adiantou que “eu polo menos, quero deixar a Presidencia, e estou disposto en todo caso a seguir como vogal para botar unha man”. Nestes momentos o número de comuneiros ascende, aproximadamente, a acento setenta.

No hay comentarios: