Comunidade Veciñal de Montes en Man Común de Camposancos
Outeiro nº 40 A
36788 Camposancos
Tlf e fax: 986627316
montecamposancos@telefonica.net
---------------------------------------------------------------------------------
Sr/a. comuneiro/a:
En
cumprimento do artigo 71 dos novos estatutos da Comunidade de Montes
de Camposancos, aprovados o día 16 de outubro do 2010, convocaremos
unha Asamblea Ordinaria, para abrir prazo pa elección da Xunta
Reitora, para o día 22 de xaneiro do 2011, “co seguinte orden do
día, polo menos:
a) Lectura
e votación da acta anterior.
b)
Rendición de contas da xestión realizada dende a última Asamblea
na que se haxa cumprido este requisito.
c) Convocar
eleccións, cun míminode 30 días de antelación, para designar nova
Xunta Reitora: fixando hora, data e lugar para a Asamblea con tal
fin.
d) Nomear a
Mesa Electoral: que estará composta por un Presidente, dous Vocais e
un Secretario.
e) Rogos e
preguntas.”
Pondo como
data para a presentación de candidaturas dende o 22 de xaneiro ata o
22 de febreiro. Quedando a Asamblea da eleción para o 26 de
febreiro.
-Informamos
tamén que o próximo 15 de xaneiro do 2011, celebrarase unha nova
edición da Paletada.
En
Camposancos, a once de decembro do 2010.
A
Secretaria: Vº. Bº do Presidente:
Da.
Iris Carrero D. Alvaro Martínez
No hay comentarios:
Publicar un comentario