12 dic 2010

Acto de clausura do XXV aniversario de ANABAM.



O sábado 18 de decembro, coincidindo co peche dos actos do XXV aniversario de ANABAM, esta asociación presentará a campaña denominada Ven observar aves. Achégate ao esteiro do Miño. O acto terá lugar ás 6 da tarde na Casa dos Alonso, na Praza do Reló, A Guarda. A este acto poderán asistir tódalas persoas que o desexen.
PROGRAMA PREVISTO:
Lugar:  Casa dos Alonso, Praza do Reló, A Guarda
-18.00 horas: ANABAM, 25 anos.
-18.10 horas: Vídeo resume 25 anos de ANABAM.
-18.20 horas: Presentación da Campaña: Achégate ao Esteiro do Miño. Vén observar aves.
-18.30 horas: Vídeo: As aves acuáticas e a ruta ornitolóxica do esteiro do Miño.
-18.40 horas: Presentación dos Socios de Honra Jonh Weeden e Gloria Villaraviz
-18:45 horas: Vídeo: Proxectos desenvolvidos co apoio da Weeden Foundation.
-18.55 horas: Entrega da credencial de Socios de Honra
-19.00 horas: Remate do acto coa entrega de agasallos aos asistentes e degustación de Rosca de Xema guardesa acompañada de viño doce e café.
Acto aberto ao público.

<=><=><=><=><=><=><=>
O Esteiro do Miño pasa por ser un dos mellores e máis importantes humedais galegos. No inverno, cando os atractivos turísticos locais escasean ou mesmo resultan nulos, o esteiro do Miño ofrece toda a súa plenitude. É este un recurso que aínda está sen explotar e que, como se pode comprobar por outras zonas, tanto da Península coma do extranxeiro, pode ser un atractivo capaz de atraer a moitos visitantes.

A riqueza ornitolóxica deste enclave natural é coñecida principalmente polos naturalistas e ornitólogos, e segue a ser unha grande descoñecida para a maior parte das persoas, mesmo para os propios residentes.

 ANABAM quere volcarse aínda máis para potenciar o coñecemento desta área ornitolóxica, empezando polos "de casa" e rematando por ese potencial de xente que pode achegarse ata aquí para ver aves.

Por este motivo, esta asociación pon en marcha a campaña: Ven observar aves. Achégate ao esteiro do Miño.

Cada mes, ata marzo, ANABAM sorteará entre os visitantes 100 euros para mercar en calquera dos establecementos da Guarda que se sumen a esta campaña, deste xeito, esta asociación pretende potenciar a observación das aves acuáticas, implicar ao comercio local e dar a coñecer a propios e foráneos a riqueza que hai neste recuncho pontevedrés.

Os comerciantes da Guarda que desexen participar nesta campaña, que por certo non teñen que pagar nada, soamente deben dirixirse a ANABAM onde se lles explicará os pormenores da mesma. En calquera caso, invitamos aos responsables do comercio local que, si están interesados nesta idea, se acheguen o sábado 18 á presentación da mesma.

No hay comentarios: