Momento da marcha / BM |
'Para camiñar seguro, ecosenda xa', ese foi o lema co que veciños de Camposancos e A Guarda reivindicaron máis seguridade na PO-352 esta mañá na rúa. Maiores e pequenos, a pé ou en bicicleta, e con instrumentos musicais, partiron nesta marcha dende o local da asociación Os Amigos para dar unha volta ó Monte Santa Trega.
A marcha rematou coa lectura do manifesto por parte da presidenta da Entidade Local Menor de Camposancos, Merchi Martínez.
Colaboraron a Comunidade de Montes de Camposancos, o Clube de Tenis Codesal, o Clube de Vela Alagua, o Clube de petanca O Caldeiro e a sociedade Os Amigos de Camposancos.
/ Brais Martínez |
No hay comentarios:
Publicar un comentario