8 feb 2020

ACCIDENTE DE TRÁFICO

Saída de vía / B.M.


Dúas persoas feridas tras unha saída de via na subida de San Amaro.






Dúas persoas resultaron feridas esta tarde tras unha aparatosa saida de vía. O vehículo no que viaxaban precipitouse por un desnivel rematando nunha finca privada tras atravesar a PO-352 na subida de San Amaro. Os ocupantes, que non necesitaron excarcelación, foron trasladados en dúas ambulancias do 061 ata o centro hospitalario.
Tamén participaron membros do GES de A Guarda e da Garda Civil de Tráfico de Pontevedra.

Retirada do vehículo / Brais Martínez


No hay comentarios: