Concello da Guarda / Madrid
Un ano máis o Concello da Guarda estivo presente na Feira Internacional de Turismo de Madrid. En anos anteriores A Guarda empregou o escenario que ofrecía Turismo Rías Baixas para presentar os destinos e festas da provincia de Pontevedra. En 2010 A Guarda deu a coñecer o CAMIÑO PORTUGUÉS DA COSTA acompañada doutros concellos galegos pertencentes ó recente recoñecido camiño. En 2011 A Guarda presentou o PREMIO EDEN que lle foi concedido o ano pasado, sendo o cuarto destino español galardoado e o único galego.
Este ano o
concello contou co stand de Instituto de Turismo de España (Turespaña)
para dar a coñecer A Guarda, Destino Europeo de Excelencia no marco do I
Encuentro Nacional de Excelencia y Compromiso Turístico: Red de
Destinos Europeos de Excelencia EDEN que tivo lugar o 19 de xaneiro.
O
acto deu comezo ás 11 horas cos discursos de apertura a cargo do
Director General del Instituto de Turismo de España (Turespaña), D.
Manuel Butler Halter e o Director General de Empresas e Industria de la
Comisión Europea, D. Pedro Ortún Silván. A continuación, interveu o
Coordinador de la Red de Destinos Europeos de Excelencia EDEN, D.
Antonio Pezzano, quen amosou as experiencias europeas de cooperación
entre Destinos EDEN.
Tralas
intervencións da primeira parte do acto foron presentadas parte das
iniciativas da campaña de promoción de 2012 de Turespaña para dar
recoñecemento e visibilidade os destinos EDEN españois: vídeo
promocional e folleto dixitais dos Destinos Nacionais EDEN.
A
segunda parte os protagonistas foron os catro Destinos EDEN españois:
Sierra de las Nieves, Parque Natural Delta del Ebro, A Guarda y
Ecoparque de Trasmiera (Arnuero, Cantabria).
A
presentación da Guarda foi a cargo do alcalde, D. José Manuel Domínguez
Freitas que apoiado nas imaxes da Guarda amosou o por qué somos Destino
EDEN rescatamos parte das súas palabras “… a nosa gran potencialidade é o
paisaxe e o cúmulo de alicientes que, en tan pouco espazo xeográfico,
danse na Guarda. Pero a hora de competir polo premio EDEN a nosa
principal fortaleza era o Esteiro do Miño e as posibilidades que
ofrecía”. Durante o seu discurso tamén distinguiu o que significa que
foramos galardoados “… A obtención do premio EDEN non foi unha meta
senón un estímulo. E ademais supón unha obriga para fomentar un turismo
sostible y respectuoso cos recursos naturais e patrimoniais nos que
estabamos comprometidos e agora o estamos máis”. Finalmente pechou a súa
intervención convidando ó publico especializado a coñecer A Guarda “…
Como ven, somos unha suma de fortalezas que xa temos e doutras que
queremos desenvolver. Remato a miña exposición invitándolles a que
coñezan “in situ” como é A Guarda”.
Para clausurar
este I Encuentro Nacional de Excelencia y Compromiso Turístico: Red de
Destinos Europeos de Excelencia EDEN foi programado un breve debate para
obter as conclusións do encontro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario