PB - MinhoBirras / A Guarda
O equipo miñota fixose coa victoria nun partido marcado polas baixas, onde só tiñamos un suplente.
Na primeira parte o equipo entrou ben no campo, dominando a posesión e controlando o partido, probando case sempre Toni dende o frontal da área co seu potente disparo, conseguindo adiantar o GD Miño, nunha boa xogada recortando a varios rivais e chutando preciosamente polo lado ...dereito do porteiro, e asi foise ó descanso ca renta mínima.
Na segunda parte todo cambiou e un Mosende sen complexos levou a batuta do partido, pero os miñotas estiberon moi seguros na zona defensiva e de contención liberando de apuros ó meta Barbosa, na cal na recta final nun bó tiro deronlle no largueiro, conseguindo meter medo no corpo nuns xogadores que acusaban o cansancio de non haber trocos.
E asi rematou co 1 0, e pedindo a hora.
Sufrindo pero conseguindo os tres puntos que nos encaraman ós postos altos da táboa, tras algúns pinchazos dos de arriba.
Agora tocanos 3 desplazamentos fora e 3 duras batallas nas que temos que ir a por todas e van marcar o ritmo da campaña , e os aficionados iremos ata onde sexa polo noso club e os nosos xogadores dos cales sentimosnos moi ORGULLOSOS!
FORZA MIÑO!
No hay comentarios:
Publicar un comentario