Nos próximos dias darán comezo as obras financiadas
pola Confederación Hidrográfica Miño-Sil que permitirán rematar a
consolidación dos muros das Docas do Pasaxe e o acondicionamento do seu
entorno. A actuación consiste, basicamente, en reforzar os muros das
deterioradas docas, rematar o tramo de beirarrúas xa existente ata a
estación do Ferri, axardinar e dotar de mobiliario este espazo.
Así mesmo A Guarda contará cunha nova ruta homologada de sendeiros: a Ruta de Desembocadura que se inicia na Igrexa de San Lorenzo de Salcidos e continuará pola beira do Miño ata o Puntal para regresar novamente polo Aloqueiro e a Cruz ata a o punto de partida. A ruta contará con paneis divulgativos que pretenden dar a coñecer os valores paisaxísticos, etnográficos e mediomabientais do esteiro do Miño.

O importe
deste conxunto de actuacións ascende a 221679,10€ financiados pola
Confederación Hidrográfica a quen desde o Concello da Guarda agradecemos
o interese co que recibiu o proxecto descrito e que agrdamos sirva do
agrado de todos os veciños e visitantes.
Posto que nesta seana vanse iniciar as obras, dende o Concello solicitámoslle os pescadores que teñen as redes de angula na zona das Docas que se van restaurar que as retiren.
Posto que nesta seana vanse iniciar as obras, dende o Concello solicitámoslle os pescadores que teñen as redes de angula na zona das Docas que se van restaurar que as retiren.
A Guarda, a 9 de Xaneiro de 2012
O ALCALDE
JOSÉ MANUEL DOMÍNGUEZ.
O ALCALDE
JOSÉ MANUEL DOMÍNGUEZ.
No hay comentarios:
Publicar un comentario