Marisa Guerra / Santiago de Compostela
A Conferencia Internacional Infanto-Xuvenil para o Coidado do Planeta
xunta voces e esforzos de mozas e mozos de todo o mundo para dar a
coñecer as súas propostas para a sostibilidade.
A primeira fase, que se desenvolve en Galicia, reuniu o pasado sábado, 14 de xaneiro, no
Museo Pedagóxico, en Santiago de Compostela , a alumnado, pais, nais e profesorado de diversos centros educativos adscritos á
Axenda 21 Escolar
Galega. As persoas participantes participaron en diversos obradoiros e
elaboraron e expuxeron as súas propostas de compromisos para a
protección do planeta.
Desta xuntanza de Compostela saiu un grupo de 17 alumnas e alumnos que representarán a Galicia na
Confint-España, que se celebrará os días 26 e 27 deste mes en Euskadi. Máis adiante dous representantes do alumnado galego asistirán á
Confint-Europa,
que terá lugar en Bruxelas do 14 ao 16 de maio. O proceso culminará coa
Confint 2012 en Río de Janeiro, no Brasil, do 4 ao 6 de xuño, que se
fará coincidir co Cumio da Terra Río+20.
Dous destes mozos e mozas representantes de Galicia son ÁNXELA VICENTE e ALEJO CONDE, alumnos de 2º de ESO do IES A Sangriña.
|
Alejo e Ánxela no MUPEGA |
|
Alejo, e o seu pai José María, e Ánxela e sua nai, Begoña |
|
Ánxela e Alejo |
|
Ánxela e Alejo |
|
Ánxela, con estudantes doutros centros de Galiza, expón as conclusións da xuntanza. |
No hay comentarios:
Publicar un comentario