Durante o fin se semana do 27 e 28 de de agosto tivo lugar na praia da Lamiña (A Guarda) unha nova edición do Campeonato de Volei Praia que se ven disputando tradicionalmente no último fin de semana de agosto como unha das actividades incluídas no programa “Despide o Verán” organizadas polo Concello da Guarda.
Participaron 18 parellas na categoría masculina e 7 na categoría mixta demostrando todos os inscritos unha máis que aceptable preparación e dominio deste deporte que se traduciu en longos partidos moi igualados que se resolveron pola mínima no 3º set.
O resultado foi o seguinte:
Campeóns torneo mixto: 1ºs clasificados: Andrea e Javi
2ºs clasificados: Andrea e Juan
3ºs clasificados: Jose e Arantxa
Campeóns torneo masculino: 1ºs clasificados: Héctor e Cristian
2ºs clasificados: Diego e Noé
3ºs clasificados: Alex e Yago
Noraboa ós ganadores e a todos os participantes pola colaboración prestada na organización e desenvolvemento do torneo.
Concellería de Deportes
No hay comentarios:
Publicar un comentario