Os
 vindeiros días 18 e 19 de xullo visitará A Guarda o Sr. Vicepresidente 
da República Dominicana D. Rafael Alburquerque, acompañado da súa dona.
O 19 de xullo será o día adicado ós actos oficiais. Ás 12:00 horas haberá, no Concello, a recepción oficial na que estarán os membros da Corporación e outras autoridades, e ás 13:00 horas a comitiva oficial visitará a Praza de Sto. Domingo de Guzmán. Ámbolos actos son públicos e, xa que logo, abertos a toda a cidadanía que queira asistir.
De tódolos xeitos quero invitar, de maneira especial, a todolos guardeses e guardesas que tiveron e teñen unha especial vinculación coa República Dominicana, porque residiron ou residen alí ou porque teñen algunha relación con aquelas terras.
É innecesario recordar que A Guarda está irmandada dende o ano 2005 con Sto Domingo. Estes actos reafirman e manteñen vivo o espírito do irmandamento.

                                                        A Guarda, 14 de xullo de 2011
O Alcalde,
José Manuel Domínguez.
O Alcalde,
José Manuel Domínguez.
No hay comentarios:
Publicar un comentario