| Profesores e alumnos cos paneis en Pontevedra. | 
A Pegada Ecolóxica (PE) é un indicador de índice único que permite cuantificar o impacto das actividades humanas sobre os ecosistemas así como establecer as medidas correctoras para paliar os ditos impactos. Este indicador pode aplicarse a diversas escalas e deste xeito xorde a PE Corporativa (PEC) aplicada a institucións ou a calquera tipo de empresas. Neste traballo realizouse o cálculo da PEC do IES A Sangriña (A Guarda, Pontevedra) para o ano 2010. Cuantificáronse os recursos materiais, enerxéticos e de mobilidade consumidos e os residuos emitidos durante o ano 2010 e aplicáronse os parámetros de conversión de cada un deles para estimar a cantidade de CO2 emitido. A cantidade anual neta estimada de CO2 emitido foi de 650 toneladas (0,58 tCO2 per capita). Os resultados indican que a mobilidade é a principal fonte de emisión de CO2 de toda a actividade do centro (76,7%) seguido da actividade de mantemento do edificio (8,8%), consumo eléctrico (7,2%) e o consumo de gasóleo de calefacción (6,9%). O profesorado resultou ser a clase con maior emisión de CO2 deribado da mobilidade (1,78 t CO2 per capita). Tendo en conta a taxa de absorción de CO2 polos bosques atlánticos, serían necesarias 104 ha para compensar as emisións de CO2.
Fai algúns meses puidemos asisitir co grupo de traballo da Axenda 21 do IES, como expuñan e explicaban o traballo na xuntanza de Axendas 21 Escolares de Galicia., que tivo lugar en Pontevedra.
Mira esa publicación: clica aqui.
 
No hay comentarios:
Publicar un comentario