3 jun 2011

Non digas "QUE PENA !". Colabora.


Campaña que está a realizar ANABAM no Baixo Miño.
Queres dedicar algunhas horas do teu tempo libre á natureza?
De maio a setembro, tes varias posibilidades para facelo. Podes elexir unha ou varias.
Ti decides os días e as horas que desexas dedicar a actividade elexida.
A natureza nos necesita a todos e todos necesitamos dela.
Ponte en contacto con ANABAM e forma parte do voluntariado desta asociación. 
1.-PROXECTO PÍLLARA
2.-PROXECTO "LARUS"
3.-PROXECTO "andoriña"
4.-PROXECTO: "CHARAXES"
5.-MONITOR/A NA AULA DA NATUREZA MUÍÑO DAS ACEÑAS" (O Tamuxe-O Rosal) OU NA ESTACIÓN ORNITOLÓXICA (O Pasaxe-A Guarda)
6.-PROXECTO "CAMARIÑA"
7.-PROXECTO "GLAUCIUM"    

1.-PROXECTO PÍLLARA
DATA: De maio a primeiros de agosto.
ZONA: Praias de Caminha, Moledo, Vilapraia de Áncora e Afife.
ACTIVIDADE: Labores de vixilancia, informativa e recollida de datos.
  
2.-PROXECTO "LARUS"
DATA: De maio a mediados de agosto.
ZONA: A Guarda. Posibilidades de ampliar a Caminha.
ACTIVIDADE: Localización e censo de niños e polos de gaivota.

3.-PROXECTO "andoriña"
DATA: De maio á finais de xullo.
ZONA: Baixo Miño galego-portugués.
ACTIVIDADE: Localización e censo de niños de andoriña de cu branco, andoriña das barreiras, andoriña daurica e andoriña dos penedos na comarca galego-portuguesa do Baixo Miño.

4.-PROXECTO: "CHARAXES"
DATA: De maio á finales de setembro.
ZONA: Erbedal do Monte Santa Trega. Niño do Corvo (O Rosal). Subida Á Valga (Oia).
ACTIVIDADE:
-Mantemento da parcela de érbedos.
-Recollida de información de postas, eirugas e exemplares adultos.

5.-MONITOR/A NA AULA DA NATUREZA MUÍÑO DAS ACEÑAS" (O Tamuxe-O Rosal) OU NA ESTACIÓN ORNITOLÓXICA (O Pasaxe-A Guarda)
DATA: De maio á mediados de setembro.
HORARIO: Preferiblemente pola tarde de catro a sete.
ACTIVIDADE:
-Apertura dos citados centros.
-Información ambiental.

6.-PROXECTO "CAMARIÑA"
DATA: De maio a setembro.
ZONA: Piñeiral de Camarido. Praia de Moledo.
ACTIVIDADE:
-Mantemento dos exemplares.
-Localización, censo e medidicións.
-Colocación de paneis informativos e medidas de protección.

7.-PROXECTO "GLAUCIUM"
DATA: De maio á mediados de agosto.
ZONA: Costa do Baixo Miño.
ACTIVIDADE: Localización de Glaucium flavum e Scolymus hispanicum. Dúas plantas amenazadas da costa.

 VOLUNTARIADO
-Cada voluntario/a elixe os días, horas e actividades nas que desexe colaborar.
-ANABAM corre cos gastos de desprazamento así coma os que puidera ocasionar a actividade elexida.
-Cada voluntario disporá dunha tarxeta acreditativa.
-Formación a cargo de ANABAM. 
-Para ser voluntario/a é necesario cubrir a ficha. Premer aquí.
 
NORMAS VOLUNTARIADO:
(Válidas dende o 01-04-2011 ata nova modificación)



1º/ As/os voluntarias/os son aquelas persoas que deciden dedicar parte do seu tempo a desenvolver algunha actividade de xeito desinteresado e totalmente altruista, sen recibir prestación económica a cambio.


2º/ As persoas voluntarias elixen libremente o tempo que desexan dedicar a unha determinada actividade e, así mesmo, poden deixalo cando o consideren oportuno, no obstante, se recomenda avisar a asociación con antelación para evitar que a súa ausencia poida ocasionar contratempos no desenvolvemento dunha determinada actividade.


3º/ As persoas voluntarias elixen libremente a actividade ou actividades que ofreza a asociación.


4º/ Por efecto de selo, as persoas voluntarias poderán ter certas ventaxas das que lles dará información a asociación, cando estas se produzan.


5º/ Toda persoa que desexe ser voluntaria deberá comunicalo a esta asociación, cubrindo a ficha de voluntariado. Premer aquí.


6º/ Unha persoa que desexe ser voluntaria se lle presupón unha disponibilidade, sensibilidade e interese pola protección e conservación do patrimonio natural: flora, fauna e paisaxe.

No hay comentarios: