O tempo pasa, e, sen encontrar solución, o Ferry xa empeza a interrumpir algúns dos seus servizos cando a marea esta baixa, pois a area que se acumula provoca que encalle.
O ferri que une Caminha coa Guarda ten problemas de funcionamento nas mareas baixas, segundo explicou o alcalde, José Manuel Domínguez Freitas, quen engadiu que agora mesmo son dous ou tres os lugares da canle que presentan area en exceso provocando esas dificultades ao trasbordador. Esta situación é a que puido ocasionar, fai uns días, a avaría que sufriu a embarcación.
Sobre as posibilidades de acometer un novo dragado, Domínguez Freitas recordou que
Nestes momentos, a situación da canle non impediría a comunicación entre as dúas beiras, aínda que limitaría os desprazamentos supeditados ás mareas altas. O alcalde quere ser optimismta e espera unha solución satisfactoria nun curto espazo de tempo.
Almacenamento das areas
Se dragar a canle de circulación do ferri é un problema, A Guarda ten outro inconveniente engadido: a acumulación dos áridos extraídos do río aos que habería que buscar un lugar onde depositalos, recordando o alcalde que aínda se acumulan na Lamiña parte dos 70 mil metros cúblicos de area extraída fai un ano, unha area que non todos os concellos costeiros con necesidades de inertes desexan para as súas praias. Tamén Caminha sofre esta situación, pois aínda non puido desfacerse da area acumulada en Áncora en 2007.
Unha solución que apuntou Domínguez Freitas sería o traslado dos inertes para rexenerar os montes que foron obxecto de explotación, por exemplo alí onde se abriron canteiras.
Un servizo imprescindible para Caminha e A Guarda
José Manuel Domínguez Freitas é consciente da enorme importancia que ten o mantemento do Santa Rita de Cassia para os dous municipios ribeireños, pois ademais da súa incidencia na economía, sobre todo no sector da restauración, hai tamén traballadores que o empregan para trasladarse a Portugal, onde desenvolven a súa vida laboral; para os quen o empregan para realizar transaciones comerciais, e tamén para manter as relacións cos nosos veciños ou como medio que teñen os peregrinos que veñen de Portugal facendo o Camiño Portugués dá Costa. .
Neste sentido o rexedor local refírese a un comunicado do Goberno Civil de Viana que non pon ningunha traba ao dragado da canle, pero seguramente, engade Domínguez Freitas, tampouco obxectará nada o Goberno español, a cuestión é que os concellos, Caminha e A Guarda, non poden facer fronte economicamente a esta actuación que supera o millón de euros. .
Nin na Garda nin en Caminha tense exposto unha alternativa ao ferry, posiblemente, di o alcalde, .(galiciasuroeste.info)
( www.cm-caminha.pt ) A presidenta do Concello de Caminha, Júlia Paula Costa, e o eurodeputado José Manuel Fernández visitaron onte, día 2 de novembro, o lugar onde está ancorado o Ferry-boat Santa Rita de Cássia. Esta visita debeuse ao feito de que o Ferry-boat está obrigado a deixar, durante a baixa-mar, o seu servizo, pois a canle de navegación está con moita area e o Ferry non pode navegar.José Manuel Fernández engadiu que vai comprobar se existen solicitudes no ámbito da rexión transfronteiriza que poidan ser penalizados fronte a esta situación, e, se a resposta é afirmativa vai cuestionar a Unión Europea sobre o tema.( www.cm-caminha.pt )
No hay comentarios:
Publicar un comentario