6 nov 2012

G.D. MIÑO: VICTOR


Entrevista a Víctor González, xogador do Gimnástico Deportivo Miño.







MinhoBirras / G.D. Miño
Nova entrega das entrevistas ó plantel do G.D. Miño por parte da afección. Turno para Víctor González.


En primeiro lugar darche as gracias por adicar uns minutos nesta sinxela entrevista, para toda a xente do GD Miño e a súa afición, que servirá para acercar e coñecer máis ós nosos xogadores a través desta iniciativa:

¿Equipo favorito de neno?
Zaragoza e Bilbao.

¿Ídolos no fútbol cando eras neno?
Beckham e Rivaldo.

¿Ó marxen do fútbol, cáles son as tuas afeccións?
Todo deporte en xeral, a música e a festa.

¿Copa preferida? ¿Vaso de tubo ou ancho?
Ron ou Vodka con laranxa, ancho.

¿Clubs onde xogaches dende neno ata o teu último equipo e tempadas neles?
Sp. Guardés e GD Miño

¿Que adestradores e compañeiros destacarías na túa carreira deportiva que coincidiran contigo?
Marcos, foi adestrador e compañeiro e todo o plantel deste ano.

¿Qué momentos gardas con máis agarimo no GD Miño?
Calquera das remontadas na casa, Caldelas mesmo este ano e o ano pasado.

¿Define as túas características como futbolista?
Como futbolista non teño ninguna característica na que destacar: fago o que podo e intento sempre pór as maximas gañas posibles, quizais unha das características seria o desprazamento en largo pero nada fora do nomal.

¿Cómo ves esta tempada?
Ten moi boa pinta temos un bó equipo e hai bo rollo dentro do vestuario.

¿Algún futbolista que che estea a sorprender?
En concreto non, quizáis este ano a defensa esta sorprendendo a todo o mundo,Denís en concreto e un dos futbolistas en defensa que mais sorprende, que para no ser central esta facendo uns partidazos.

¿Qué se sinte ó ver tanta xente detrás vosa acudindo á Sangriña ou fóra a ver ós partidos do GD Miño?
Motivación, sempre que se sae a xogar e ves que a afeción apoia e unha motivación extra.

¿Qué opinión tes de MinhoBirras e afición en xeral?
Hai partidos nos que gañamos dende a bancada, a afición son os que te dan folgos extra neses momentos que o precisas para acabar o partido ou para dar una carreira cara a túa porteria no minuto 90.

¿Algún momento especial da afición?
Como afecionado o partido contra o Chaín de fae unas tempadas no que tilico expulsou a un xogador visitante no momento do troco.

¿Alguén a quen dedicarlle unas palabras?
A toda a afecion grazas por vir a todos o partidos en especial ao Grillo e a o presi Tolin.


No hay comentarios: