5 nov 2012

BOSQUE PARA UNHA BOLBORETA


Limpeza do Bosque da bolboreta Charaxes este sábado no Trega.




ANABAM / Camposancos
Logo da primeira xornada levada a cabo polos membros de ANABAM e algunhas colaboradoras que dedicaron parte da tarde a arrancar as acacias que invaden o Bosque da bolboreta Charaxes, decidiron organizar unha nova xornada para o sábado 10 de novembro co fin de continuar limpando a parcela desta especie tan invasora. Será a partir das catro da tarde. Se alguén se aburre na casa ou non sabe que facer ese día, pois aquí lle damos unha actividade pola que ANABAM NON COBRA NADA, ou sexa, a pesar da crise, eles manteñen a GRATUIDADE.

A parcela está na subida ao Trega, a poucos metros da caseta de cobro, na zona de Chans, xusto detrás da área de lecer que hai alí. As únicas ferramentas que se necesitan son luvas, pois arrancaremos as acacias a man, como se amosa na fotografía.
© ANABAM
Máis información sobre o proxecto de ANABAM "Un Bosque para unha bolboreta".


 Como agasallo, os participantes nesta actividade recibirán unha participación de catro euros para o sorteo de Nadal da Lotería Nacional do 22 de decembro.

No hay comentarios: