13 nov 2012

ÁRBORES EXTRAORDINARIAS

©ANABAM

Unha cereixeira situada en Camposancos incluída nas "Árbores extraordinarias" de ANABAM.





ANABAM / Camposancos
Nome científico: Prunus avium
Nome común galego: Cereixeira, cerdeira
Nome común castelán: Cerezo
Idade estimada: Máis de 60 anos
Concello: A Guarda
Parroquia: Camposancos
Lugar: Barrio San Telmo, a 50 m do camiño portugués da costa
Coordenadas Datum WGS 84, huso UTM 29 T: X 511429 Y 4637585
Altitude: 68 metros
Data e autor das fotografías: 22/09/2012, Antón Ferreira, Agustín Ferreira
Medidas:
-Altura: 16 metros
-Diámetro a 1,30 m : 0,89 metros
-Perímetro a 1,30 m: 2,80 metros
Observacións: Exemplar con algunha pola deteriorada pola idade. A localización desta cereixeira foi posible grazas a José Mª González Alonso, a quen lle pareceu que este exemplar reunía as condicións necesarias para incluílo nesta sección e púxose en contacto con Antón Ferreira, membro de ANABAM para amosalo.

Ricardo da Silva, un dos autores das árbores extraordinarias, ao lado da cereixeira o 22 de setembro pasado.
 ©ANABAM
Camiño que conduce á cereixeira. ©ANABAM
©ANABAM


ÁRBORES E ARBUSTOS EXTRAORDINARIOS DO BAIXO MIÑO


Para que esta presentación o sexa en verdade bastará dicir que a varios axentes forestais pareceunos boa idea facer unha especie de catálogo de árbores senlleiras (ou polo menos sobresaíntes) na contorna do Baixo Miño, as nosas razóns poderían ser moitas pero compre resumilas porque o interesante (se chega a selo) será o que veña despois... A primeira e principal motivación que temos é dar a coñecer ao público en xeral valores que ten o entorno do Baixo Miño, que ao noso parecer son ben dignos de salientarse.
Continuar lendo...


No hay comentarios: