1 sept 2012

SUCESO


 Un pequeno incendio na subida de San Amaro calcina 150 metros cadrados de monte.



 PB / Camposancos
Este sábado, 1 de setembro de 2012, producíase un pequeno incendio na subida de San Amaro, en Camposancos.
Arredor das 19:20h, un veciño daba a alerta ó 112, que enseguida mobilizou ós servizos oportunos. Contra ás 20:30h, os servicios de extinción deron por apagado o lume. As forzas de seguridade non descartan que as lapas foran intencionadas.
A rápida intervención de varios veciños, fixo posible que o lume non se propagara monte arriba.
Ata alí, desprazáronse Policía Local e GRUMIR de A Guarda, unha patrulla da Garda Civil, unha brigada e un axente forestal, así como unha motobomba.




No hay comentarios: