19 sept 2012

RUTA PR-G160: DESEMBOCADURA DO MIÑO


O próximo sábado, 22 de setembro, presentarase a PR-G160: Ruta da Desembocadura do Miño.




Turismo A Guarda / A Guarda - Camposancos
Durante os últimos meses, a Concellería de Medio Ambiente da Guarda estivo traballando no deseño, acondicionamento e sinalización da Ruta da Desembocadura do Miño que foi homologada pola Federación Galega de Montañismo.

A protagonista da ruta PR-G160 é a Desembocadura do Miño que conforma un dos humedais máis importantes da Península coa confluencia de dous ecosistemas, o mariño e o fluvial. Destaca a gran riqueza de flora e fauna e o patrimonio etnográfico que se pode coñecer ao longo da ruta grazas as mesas informativas. Ademais a ruta ofrece tres variantes que amosan camiños e entornos quizais menos coñecidos.

Finalizados estos traballos convídase aos interesados á presentación da PR-G160 Ruta da Desembocadura do Miño que contempla unha andaina ó longo de máis de 11 quilómetros. A data escollida é o sábado 22 de setembro ÁS 9:00 HORAS e o punto de encontro é a Igrexa de San Lourenzo de Salcidos.


No hay comentarios: