24 sept 2012

RUTA PR-G 160: DESEMBOCADURA DO MIÑO


O pasado sábado presentouse a PR-G160: Ruta da Desembocadura do Miño.



PB / A Guarda · Camposancos
Preto de 40 persoas participaron o pasado sábado na presentación da ruta PR-G160, máis coñecida como Ruta da Desembocadura do Miño.
A protagonista da ruta PR-G160 é a Desembocadura do Miño que conforma un dos humedais máis importantes da Península coa confluencia de dous ecosistemas, o mariño e o fluvial. Destaca a gran riqueza de flora e fauna e o patrimonio etnográfico que se pode coñecer ao longo da ruta grazas as mesas informativas. Ademais a ruta ofrece tres variantes que amosan camiños e entornos quizais menos coñecidos. 
O deseño, acondicionamento e sinalización da Ruta da Desembocadura do Miño estivo traballada pola Concellería de Medio Ambiente da Guarda, sendo homologada pola Federación Galega de Montañismo.


No hay comentarios: