13 ago 2012

PROPOSTA CONTRA A ELIMINACIÓN DAS ENTIDADES LOCAIS MENORES

Proposta da E.L.M. de Camposancos contra o Anteproxecto de Lei de "Racionalización y Sostenibilidad de la Administración Local" que contémpla a eliminación das Entidades Locais Menores.


PB / Camposancos
PROPOSTA DA ALCALDÍA APROBADA POLO PLENO DESTA ENTIDADE O 09/08/12:

No informe sobre o Anteproxecto de Lei de "Racionalización y Sostenibilidad de la Administración Local" proposto polo goberno central, contémplase a eliminación das Entidades Locais Menores, pasado os seus bens ós concellos que pertencen, bens que son na actualidade patrimonio dos veciños de Camposancos.

As entidades locais menores son as máis próximas ao cidadán, e polo tanto, a que mellor pode entender os problemas e as necesidades destes e, en consecuencia, aportar as solucións máis adecuadas e da forma máis eficiente. Iso pódese comprobar día a día, xa que recibimos unha gran cantidade de peticións, moitas delas relativas a auténticas necesidades, actuando as Entidades ademáis como verdadeiros interlocutores válidos entre os particulares e as administracións.

Ao longo dos anos souberon conservar o seu patrimonio dándolle un uso do que se beneficiaron os veciños. Ademáis, a maioría destas non se atopan endebedadas; e en moitos casos está menos politizadas que os municipios. Ademáis considero que a medida terá un nulo efecto na contención do gasto público.

É unha medida que pretenden tomar baixo a excusa dun aforro económico que non existe, pretende recortar de modo drástico os instrumentos de participación cidadá, vulnérase a autonomía local e as competencias doutras administracións como a autonomía, que é a quen lle corresponde regular este aspecto.

Por este motivo propoño o Pleno desta Entidade:
   1. Rexeitar as medidas de recorte do goberno central donde se pretende suprimir as Entidades Locais Menores.
   2. Instar a todos os partídos políticos á presentación de mocións en defensa destas Entidades en Concellos, Deputacións e Parlamento de Galicia; e facelas chegar ao Goberno do Estado.
   3. Convocar aos veciños e veciñas da parroquia para informalos da situación e medidas a adoptar pola Entidade Local de Camposancos.
   4. Unirse a todas Entidades Locales Menores existentes en Galicia e en España para realizar un frente común ante as medidas do goberno central.

Bótalle un ollo ó Anteproxecto: aquí (en castelán).

CONTRA A SUPRESIÓN DAS ENTIDADES:
Ademáia desta proposta da alcaldía, os membros da Entidade Local de Camposancos achegaránse a todas as casas de veciños e veciñas de Camposancos para explicar que está acontecendo e facer unha recollida de firmas
Tamén, o 10 de setembro organizarase unha manifestación en Madrid des todas as Entidades de España.

RELACIONADO:
- Manifestación en Madrid o 10 de setembro.
- Comeza a recollida de firmas por parte da Entidade Local Menor de Camposancos en contra da supresión das Entidades. 


No hay comentarios: