20 ago 2012

III TROFEO E.L.M. CAMPOSANCOS

 
Ignacio Fernández e Brais Acevedo vencen no III Trofeo Entidade Local Menor de Camposancos.




Club ALAGUA - PB / Camposancos

O pasado sábado, 18 de agosto, o Club Alagua organizou o “III Trofeo Entidade Local Menor de Camposancos”, regata multiclase que reuniu un total de 14 embarcacións procedentes do Baixo Miño e Norte de Portugal, e que ten a característica de “trofeo perpetuo”.

Con unha previsión de vento pouco favorable, os regatistas déronse cita en O Pasaxe, donde se encontra a sede do Club Deportivo Alagua. Alí prepararon as súas embarcacións e despois de que o Comité de Regatas preparase o campo de regatas, iniciaron a proba con unha intensidade de vento de 12 nudos de compoñente SW. A direción e intensidade do vento, sumada á corrente ascendente do río, convertían o circuito do campo de regata nun complicado escenario que puxo a proba a todos os regatistas, os cales se valeron de todos os seus recursos para alcanzar a mellor posición posible.

Dende o comezo da proba os regatistas locais impuxéronse na clasificación, con un primeiro posto na primeira manga da tripulación mixta formada por Roberto C. Barreiro e Cristina Domínguez na sua embarcación 470, e un segundo posto, de Ignacio Fernández e Brais Acevedo, tamén en 470. Roberto e Cristina, por problemas na súa embarcación rezagáronse nas seguintes mangas. Seguíulles moi de cerca o campión portugués da clase Laser Radial, Serafim Gonçalves, do Clube Naval Povoense, que sufriu un volco na primera manga, pero que se mantivo nos primeros potos, empatando a 5 puntos con Roberto e Cristina na segunda manga. A tripulación formada por Ignacio e Brais, tras realizar un 3er e 1er posto nas duas últimas mangas, conseguiron facerse coa victoria xeral da proba, quedando un punto por diante de Serafim e do tándem formado por Roberto e Cristina.

Dende o Comité de Regatas quérese destacar a actuación exemplar de todos os participantes, con unha línea de saída organizada e a  ausencia de penalizaciós ou protestas durante a regata.

Ó finalizar a proba realizouse a entrega de trofeos polo presidente da Entidada Local Menor de Camposancos, Rafael Álvarez, ós tres primeros clasificados. A continuación, os regatistas Brais Acevedo e Ignacio Fernandez, recibiron o “trofeo perpetuo” que fora conseguido o pasado ano polo regatista povoense Serafim Gonçalves, o cal conservarán durante o 2012 para volver a disputalo na IV edición do Trofeo Entidade Local Menor de Camposancos no 2013.



I: Ignacio Fernández e Brais Acevedo; II: Serafim Gonçalves; III: Roberto e Cristina.
Ignacio Fernández e Brais Acevedo co trofeo "perpetuo”, entregado polo campion da edición anterior Serafim.
Agasallo á tripulación femenina.



No hay comentarios: