5 ago. 2012

ANDAINA «CAMIÑOS DO TREGA»


O sábado o Padroado Monte Santa Trega organizou unha andaina «Polos camiños do Trega».



PB / Monte Trega
O sábado 4 de agosto o Padroado Monte Santa Trega organizou unha nova actividade conmemorativa do centenario da Sociedade pro-monte de Santa Trega. Tratouse da andaina «Polos camiños do Trega», que aproveitou a ampla rede de sendeiros homologados para que os participantes gozaran dunha actividade ao aire libre e de paso coñezan algúns dos aspectos menos coñecidos deste emblemático monte.

Ás 9:00h partía da praza de San Amaro (Camposancos) unhas trinta persoas, que pasaron polo Outeiro do Lobo, Cruz do Home, Pedra Furada, poboado Castrexo (zona de Calvo), Porta Sur, Chans... e dese xaito rematar de novo no punto de inicio.

Durante o traxecto fixéronse varias paradas para reagrupar aos participantes e para explicar varios aspectos relevantes do monte. A distancia do percorrido foron aproximadamente 5,7 km que se fixeron en pouco máis de duas horas e media.


No hay comentarios: