18 jul 2012

XXI CONCURSO DE FIGURAS DE AREA

XXI Concurso de Figuras de Area este domingo 22 de xullo.








Concello da Guarda
O Concello da Guarda organiza unha nova edición do CONCURSO DE FIGURAS DE AREA o vindeiro domingo 22 de xullo na praia do Muíño.

A finalidade desta actividade é que os nenos desenvolvan unha actividade lúdica ó aire libre e ó mesmo tempo que xoguen ca imaxinación.

Como en edicións anteriores tódolos participantes recibirán un agasallo e os gañadores das categorias recibarán un vale para canxear nas librerias da Guarda.

PROGRAMA
De 11:00 - 12:00: Inscricións por categorías:
Categoría vermella (3-5 anos)
Categoría gris (6-9 anos)
Categoría amarela (10-12 anos)
Categoría azul (13-16 anos)
Categoría verde (por grupos de 3-16 anos. Máximo 4 participantes)

De 12:00 a 13:00: Concurso de figuras de area
Ás 13:00: Entrega de agasallos a todos os participantes
Ás 13:30: Entrega de premios ó 1º e 2º de cada categoría

Organiza: Concello da Guarda
Colabora: Anabam e Erguete Baixo Miño
Patrocina: Auga Sana e Frigo

No hay comentarios: