15 jul 2012

OTANTHUS MARITIMUS

© ANABAM
Nova esperanza na recuperación da Otanthus Maritimus.







ANABAM / Camposancos
ANABAM continúa co seguimento desta planta ameazada a nivel local. Pero novamente ten moitas esperanzas de que poidamos sacala do seu listado de especies que se atopan en situación crítica na nosa comarca. Por que di isto? Porque ten observado varios centos de pequenas matiñas, apenas sobrepasan os 5 centímetros de altura, que lle dan moitas esperanzas de que se poda facer unha replantación noutros puntos do areal. Veráse se todos estes pés que hai agora en varios puntos da zona de vexetación dunar, ou a maioría deles, se manteñen durante este verán e no vindeiro outono/invernos pódese efectuar unha plantación ampliando a súa área de distribución na praia de Camposancos, pois nestes momentos esta especie está localizada, case que na súa totalidade, no tramo do Puntal.
© ANABAM

Coñece máis sobre esta especie.

No hay comentarios: