12 jul 2012

BATIDA NO TREGA

Precaución os días 14 e 15 de xullo no Monte Santa Trega.









O Alcalde da Guarda despois de recibir a seguinte carta informa:

SOCIEDADE DE CAZA “A ROSALEÑA”
TECOR “CAMPO DO COUTO”
Debido os danos ocasionados últimamente polos xabaríns en parcelas de labradío desta zona, e logo de numerosas protestas por parte dos propietarios e vecinos desas fincas, esta sociedade de caza brindouse para a realización de monterías para regular a población desta especie na zona, logo das pertinentes autorizacións da Consellería de Medio Ambiente.
Por este motivo INFORMA:

Que os días 14 e 15 de Xullo en todo o Monte Tegra e toda a sua falda, realizarase una Montería de caza.

Polo que SOLICITA A SUA COLABORACIÓN PARA:

Que desde o amencer ata a metade do día se evite na medida do posible, transitar, pasear ou realizar tarefas de labranza nas zonas descritas, así como utilizar pistas forestais e camiños, para minimizar os posibles riscos que poida conlevar o realizar as monterías por estas zonas.

Sen mais e agradecendo de anteman a súa colaboración.

Saudaos atentamente esta directiva,

Na vila do Rosal a 06 de Xullo de 2012

No hay comentarios: